Hoxe participamos na “Xornada de Boas Prácticas de Software Libre para ONGs”

Publicado: 22 octubre, 2015 en Actualidade, CUAC FM
Etiquetas:, , , ,

Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs entidades de acción social

En CUAC FM levamos moitos anos empregando Software Libre para realizar a súa defensa do dereito da comunicación. Porén, hoxe compartiremos na “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”  a nosa experiencia no uso de ferramentas de software libre que nos axudan a facer unha mellor producción, edición, arquivado sonoro e comunicación da nosa actividade radiofónica e asociativa.

Xunto con Chema Casanova (@txenoo) impartiremos unha palestra titulada Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM” na que explicaremos como funciona unha radio comunitaria e como damos uso das ferramentas libres, que ten permitido as persoas asociadas traballar dende a casa co mesmo software que empregan na emisora e evitando os custes de licenza. O obxectivo é que serva para outras entidades do terceiro sector polo que amosaremos exemplos de como o facemos e contaremos os fitos que temos superado, as principais problemáticas que nos temos atopado e os retos que temos pensado para o futuro.

O Software Libre é unha das tecnoloxías principais da infraestrutura de  CUAC FM que nos permite emitir a través de Internet (Icecast), realizar  labores de edición de son (Audacity), ter unha presenza web en internet (WordPress), editar documentos de texto (LibreOffice) ou compartir os nosos arquivos internamente (Owncloud). CUAC FM ten migrado nos últimos dous anos ós seus servizos a unha infraestrutura GNU/Linux así como parte dos seus equipos de escritorio.

CUAC FM ten colaborado no desenvolvemento de Software Libre como é o caso do Sistema de gravación automática RadioCo elaborado para CUAC FM por Iago Veloso (traballo fin de grado da Enxeñaría Informática).
Esta xornada está organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e ten  lugar na Cidade da Cultura en  Santiago de Compostela. A inscrición é aberta e de balde.

Deja un comentario