Festival Internacional de Cine de Ourense
Posted: 20 octubre, 2011 in ActualidadeEtiquetas: Cine francés, festival de cine de ourense
Esta vai de cinema. De cine do independente, mais tamén do cine sen pretensións, do que só intenta conseguir un sorriso do público. Ou daquel que busca a reflexión e unha ollada máis ampla de Latino América, da propia Europa, da temática da igualdade…
Onte fumos ao OUFF (Festival Internacional de Cine de Ourense) a ver unha desas comedias (suiza e en francés) da que non esperas moito pero das que saes cunha boa dose de alegría, que nunca sobra nestes tempos que vivimos. E sorprendeume que a pesares de ser un mércores, ás oito da tarde, e de ser o seu terceiro pase, a sala estaba completa para ver Le Jeu de l’Amour et du Hasard.
O OUFF é un acerto para esta cidade e parece que tamén un éxito pola calidade das películas, polos máis de mil filmes que recibiu a organización, porque xa vai na súa 16 edición e subindo… Pero sobre todo, porque nos da a oportunidade de poder visionar na pantalla grande traballos que nunca terían chegado á nosa cidade, pois todos sabemos como funciona isto da industria cinematográfica.
Outra das pelis que me chama a atención, e que tentarei ir ver esta fin de semana é “Potiche“, unha comedia francesa con tres actores de luxo: Catherine Deneuve, Gerard Depardieu e Sergi López.
Son moitas as películas que se proxectan, moitos os días para acudir (do 14 ao 23 de outubro), con varios pases a distintas horas, a un prezo económico… Son varias as actividades fora de carteleira que se organizan no OUFF… Son moitas as razón polas que acudir e apoiar, coa tu presenza, ao OUFF este ano.
Non o esquezas. Son moitas as razóns para desfrutar do bo cine na cidade das Burgas.
Monasterio de San Clodio do Ribeiro (Leiro)
Posted: 14 octubre, 2011 in Postales de GaliciaEtiquetas: Monasterios; Galicia; Avia; Leiro; Ribeiro; San Clodio; Ourense; Turismo;
Recorrer el Ribeiro en otoño, después de la vendimia, tiene el encanto de poder contemplar con la luz tenue pero todavía cálida de esta época, un valle poblado por las vides y cobrizas cepas que dan fruto a uno de los mejores blancos del país.
El antiguo Monasterio Cisterciense de San Clodio está situado en la ladera derecha del valle del Leiro (desde Ribadavia), junto a las más prestigiosas bodegas asentadas en el corazón de este valle. Ha sido recientemente reconvertido en Hotel-Monumento (y restaurante), otorgándole un uso civil a un edificio cuyas formas se caracterizan por una gran sobriedad que otorgan solemne elegancia a la oscura piedra con la que fue construido en el siglo XII, bajo la estética del románico original (aunque su origen se sitúa en torno al siglo VI), sin ornamentos innecesarios, como aquellas primeros templos románicos que fueron erigidos en la Galicia interior, en este caso, por los monjes benedictinos.
Tras cruzar sus dos hermosos claustros podemos acceder a la antigua huerta – hoy jardín público- bordeada por vides. A la iglesia abacial también se accede desde el exterior. Adosada a la siniestra del hotel-monumento, la pequeña capilla de San Clodio do Ribeiro no deja de mostrar la importancia que el clero ha tenido a lo largo de los siglos en estas tierras ourensanas. En la provincia gallega que –posiblemente- mejor ha conservado su legado histórico y religioso.
Unha hora na vida de Stefan Zweig
Posted: 9 octubre, 2011 in Actualidade, LiteraturaEtiquetas: Lagarta lagarta, Ourense, Stefan Zwein, Teatro
Debo de faceros unha recomendación. Cando teñades ocasión (e seguro que a haberá porque están a percorrer toda Galicia) ide ao Teatro a ver esta inquietante obra de Antonio Tabarés, interpretada pola magnífica compañía galega “Lagarta Lagarta“, cun sempre perfecto Ernesto Chao e unha excelente interpretación de César Cambeiro.
A obra, que por veces da escalofríos, adéntrase na vida do famoso escritor austríaco Stephan Zweig nun día concreto e nunha hora moi especial, que nos mantén en vilo sobre o que en realidade sucedeu na vida do gran escritor, e o que pudo ter sucedido.
Xogando co título dunha das obras máis coñecidas de Zweig, “Veinticuatro horas da vida dunha muller“, texto e intérpretes logran transmitir ao espectador a ansiedade, a desesperación, o medo á dor e a definitiva fuxida dos protagonistas dun mundo que os horroriza e fronte ao cal non atopan saída. Ou si?
Nunha época na que case parece imposible fuxir do mal gusto, a superficialidade e a chavacanería que parece invadir as nosas vidas sen remedio, atopámonos cunha obra de Teatro con Maiúsculas. Francamente recomendable.








