Cuac FM celebra 20 anos en antena

Jóvenes participando en una radio comunitaria

Artigo do xornal dixital galego PRAZA | @prazapublica sobre o XX aniversario de CUAC FM (publicado o

O 27 de marzo de 1996 iniciou as súas emisións CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que nacía nesa data, hai hoxe 20 anos exactos, co apoio da UDC. Os impulsores da emisora foron o Club de Prensa da Universidade da Coruña e o Colectivo de Universitarios Activos. Seis anos máis tarde tivo que trasladar as súas instalacións e en 2003 renovou as súas emisións, contando coa colaboración de Xurxo Souto e Manuel Rivas. Dende entón mantén unha actividade intensa, promovendo a constitución da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (2006) e da Red de Medios Comunitarios (2009), que agrupa todas as emisoras españolas, e da que Cuac é a sede local.

Tamén pelexa -de forma moi intensa dende o ano 2012- por legalizar a súa situación, reclamando por unha banda que o Estado, a través da Xunta, abra a posibilidade de que as emisoras do terceiro sector poidan contar cunha licenza de emisión. Algo que, a pesar de ser recoñecido pola Lei do Audiovisual de 2010, segue sen cumprirse. Tamén iniciou unha batalla para competir con emisoras comerciais por esa frecuencia de emisión, a pesar das evidentes dificultades e desequilibrios económicos e mesmo dos obstáculos legais. «Cuac FM fixo todo o humanamente posible para acceder a unha frecuencia á que segundo a lexislación ten dereito. Dende o primeiro minuto solicitámola á autoridade competente. No 1996 a resposta que nos deron foi que a chegada das licenzas para entidades do terceiro sector era ‘inminente’, unha inminencia que xa vai polos 20 anos de espera», explicaba hai meses Mariano Fernández, un dos fundadores de Cuac.

Segue lendo o artigo  no seguinte enlace: http://praza.gal/movementos-sociais/11464/cuac-fm-celebra-20-anos-en-antena/