Muíño das Lousas

Publicado: 11 junio, 2010 en Arenteiro, Viaxes polo mundo

 O pasado domingo estivemos paseando e enseñándolle aos amigos o Parque Etnográfico do Carballiño.

O que máis lles gustou foron os muíños rehabilitados do Arenteiro, especialmente o muíño das Lousas, onde ademáis, xantamos tranquilamente.

Hai xa uns anos o concello de Carballiño rehabilitou esta zona cercana ao inmenso Parque Municipal, convertendo un territorio abandonado- como os moitos que hai en Galicia- nun conxunto etnográfico conformado por vari0s muíños, como o das Lousas, o do Anxo, o da maquía…

Algúns deles cumpren agora a función de ser un museo sobre a vida do labradío na Galicia rural e sobre o propio funcionamento dos muíños.

Outros dous, como o da imaxe, prestan servizos de restauración de boa calidade, con productos locais tan bós como o viño do Ribeiro.  Todo un descubrimento que vale a pena repetir.

Por suposto, o máis valioso é o entorno natural no que está situado este espazo: a pé do Arenteiro e no punto de partida de dúas rutas de sendeirismo moi relevantes na comarca: o camiño dos arrieiros e a senda do arenteiro.

Deja un comentario