Onte foi a noite de San Xoan e por primeira vez en moito tempo paseina fora da miña cidade, pero non por iso deixamos de desfrutar da noite.
De feito, esta é a semana grande de Ourense e a cidade estase a preparar para a ocasión.
Perfectamente engaladana, cun mercado medieval que comeza mañá e concertos diarios na Praza Maior e no Xardín do Posío.
De volta a casa pasamos polo Posío e entramos no concerto gratuíto de Bebe e Kiko Veneno. Aínda tivemos a ocasións de escoitar algúns temas do novo disco que acaba de sacar a artista e algúns dos singles que a fixeron coñecida hai catro anos.
O máis curioso (na foto non se percibe) o escenario está rodeado duns camelios fermosísimos que non ían retirar para a ocasión, claro.
Gústanme os concertos ao ar libre, así que esta noite voltaremos ao de Chris Isaak.