Gran concerto

Publicado: 28 junio, 2010 en Actualidade

Esta é unha foto sacada polo amigo Berto do fantástico espectáculo de Chris Isaak en Ourense (no seu Flickr veredes moitas máis).

Dende logo, os vellos rockeiros nunca morren e Chis Isaak está en plena forma. Vestiuse coma Elvis, camiñou entre o público cantando «Love me Tender», percorrendo o xardín do Posío coma se tal cousa, e él maila súa banda dedicáronnos dúas horas e pico de concerto.

Rememoramos os vellos temas, deixándose querer nos dous «bises» que fixeron, interactuando co público e coa xente que subiu ao escenario, e rematando a función co clásico  «Blue Hotel» e «Pretty Woman«.

Non esperaba moito do concerto, e agora repetiría sen dudalo.

Deja un comentario