Non vos podedes facer unha idea do increíblemente espectacular que foi o concerto de Leonard Cohen deste pasado domingo no pavillón dos deportes de Ourense.
A pesares da calor, da hora, do día, e de que en principio nada garantizaba a mellor acústica, todo saiu á perfección.
Un grandísimo leonard Cohen, rodeado dun equipo de voces e músicos que ben parecían unha virtuosa familia, interpretaron ao longo de 3 horas e media!!!! de concerto todos e cada un dos grandes éxitos dun poeta irrepetible.
Arrancounos sorrisos, emocións, tremores e ata bágoas por estar presenciando un espectáculo único, unha despedida do mundo por parte dun músico tan elegante que escoitaba de xeonllos cómo o seu equipo interpretaba coma os anxos os máis fermosos temas da inesgotable discografía dun home incombustible.
Tal vez fose o mellor concerto ao que acudín na miña vida, e tempo pasará a que algo similar se poda repetir. Indiscutiblemente, Leonard, you’re our man, forever!