Esta semana o Instituto de estudios Psicosociais Xoan Vicente Viqueira desenvonverá unha edición máis, e é a sexta, das tradicionais «AULAS NA COSTA DA MORTE», que este ano versarán sobre “Información, comunicación, risco e vulnerabilidade».
O xoves á tardiña estou convidada a unha ponencia na que falaremos sobre vulnerabilidade e desigualdade social, dende o punto de vista da investigación social e a análise de xénero. A xornada celebrarase en Zas, nas Torres do Allo, a partires das 20 horas e todos aqueles e aquelas que teñades interese, por suposto, estades convidad@s. A entrada é de balde!
Máis abaixo pégovos o programa, que tamén podedes descargar en pdf no seguinte link: AulasnaCostadaMorte2013
«INFORMACIÓN, COMUNICACIÓN, RISCO E VULNERABILIDADE. Aspectos sociais, políticos e ambientais».
21 Marzo 2013 – Torres do Allo (Zas)
20:00 VULNERABILIDADE SOCIAL DESIGUALDADE DE XÉNERO.
Prof. Dr. Ricardo García Mira, Catedrático de Psicoloxía Social – Universidade da Coruña.
Sra. Dna Isabel Lema Blanco, Investigadora de Ciencias Sociais, Licenciada en Dereito.
22 Marzo 2013 – Salón de Actos – Hotel Playa de Laxe (Laxe)
20:00 VULNERABILIDADE AMBIENTAL E RISCO SOCIAL
Dra. Aurora Puentes, Bióloga, Catedrática no IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña)
Prof. Dna. Adina Dumitru, Profesora Axudante, Universidade de Timisoara (Rumanía) e Investigadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, Universidade da Coruña.
Prof. Dr. Ramón Maiz, Catedrático de Ciencia Política, Universidade de Santiago de Compostela (España).
23 Marzo 2013 – Concello de Cee (A Coruña)
12:00 INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN NA SOCIEDADE DEMOCRÁTICA
Prof. Dr José Leira, Sociólogo, Profesor Titular da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña
Sr. D. Luis Fermín Rodríguez, Filósofo, Teólogo, Médico, Químico e Físico. Presidente da Comisión-Sección Técnica de Estudio do Colexio de Químicos-ANQUE de Galicia.
Dna. María Canosa, Escritora e Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos.