Vulnerabilidade e desigualdade social nas «VI Aulas da Costa da Morte»

Publicado: 18 marzo, 2013 en Actualidade, Educación, Igualdade
Etiquetas:, , ,
Torres do Allo

Torres do Allo

Esta semana o Instituto de estudios Psicosociais Xoan Vicente Viqueira desenvonverá unha edición máis, e é a sexta, das tradicionais «AULAS NA COSTA DA MORTE», que este ano versarán sobre “Información, comunicación, risco e vulnerabilidade». 

O xoves á tardiña estou convidada a unha ponencia na que falaremos sobre vulnerabilidade e desigualdade social, dende o punto de vista da investigación social e a análise de xénero. A xornada celebrarase en Zas, nas Torres do Allo,  a partires das 20 horas e todos aqueles e aquelas que teñades interese, por suposto, estades convidad@s. A entrada é de balde!

Máis abaixo pégovos o programa, que tamén podedes descargar en pdf no seguinte link: AulasnaCostadaMorte2013

«INFORMACIÓN, COMUNICACIÓN, RISCO E VULNERABILIDADE. Aspectos sociais, políticos e ambientais». 

21 Marzo 2013 – Torres do Allo (Zas)
20:00 VULNERABILIDADE SOCIAL DESIGUALDADE DE XÉNERO.

Prof. Dr. Ricardo García Mira, Catedrático de Psicoloxía Social – Universidade da Coruña.
Sra. Dna Isabel Lema Blanco, Investigadora de Ciencias Sociais, Licenciada en Dereito.

22 Marzo 2013 – Salón de Actos – Hotel Playa de Laxe (Laxe)
20:00 VULNERABILIDADE AMBIENTAL E RISCO SOCIAL

Dra. Aurora Puentes, Bióloga, Catedrática no IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña)
Prof. Dna. Adina Dumitru, Profesora Axudante, Universidade de Timisoara (Rumanía) e Investigadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, Universidade da Coruña.
Prof. Dr. Ramón Maiz, Catedrático de Ciencia Política, Universidade de Santiago de Compostela (España).

23 Marzo 2013 – Concello de Cee (A Coruña)

12:00 INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN NA SOCIEDADE DEMOCRÁTICA

Prof. Dr José Leira, Sociólogo, Profesor Titular da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña
Sr. D. Luis Fermín Rodríguez, Filósofo, Teólogo, Médico, Químico e Físico. Presidente da Comisión-Sección Técnica de Estudio do Colexio de Químicos-ANQUE de Galicia.
Dna. María Canosa, Escritora e Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos.

Deja un comentario