Marchamos para o Culturgal

Publicado: 30 noviembre, 2013 en Actualidade, CUAC FM
Etiquetas:, , ,
Unha chapa, tres euros, entrada responsable

Chapas do evento

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Feira da Cultura Galega, o CULTURGAL, onde nos podemos encontrar co melloriño da literatura, o cine, a música ou o teatro do noso país.

Haberá tamén presentacións espectaculares, coma a do novo disco de Kepa Junkera (hoxe mesmo ás 21horas), e poderemos tocar as primeirás páxinas dun inédito proxecto xornalístico liderado polo benquerido Manolo Rivas e o noso compañeiro de emisora Iago Martínez: a revista Luzes.

E CUAC FM, tamén foi convidada a participar no Culturgal deste ano.

Cando? Pois será mañá domingo ás 18 horas.

Ónde? no «Espazo de Tecnoloxía» do pazo da cultura, no «Foro Crowdfunding».

Mais, porqué? porque imos facer unha pequena presentación da nosa experiencia de financiamento colectivo no #forocrowdfunding do #culturgal, baixo a iniciativa de @pablonimo e @dsantomil.

Vémonos!

Deja un comentario