Dende o Grupo de Investigación Persona-Ambiente da Universidade da Coruña, en colaboración con outras dez universidades europeas, estamos levando a cabo un proxecto de investigación sobre estilos de vida sustentable e economía verde denominado GLAMURS.
Como parte deste proxecto de investigación europeo, estamos a estudar as atitudes sociais e os estilos de vida en sete países europeos (Alemaña, España, Italia, Romania, Holanda, Austria e Reino Unido) para poder entender mellor os estilos de vida, consumo, aspiracións e desexos das persoas.
O noso obxectivo é facer unha análise dos factores que inflúen na nosa forma de vivir e elaborar recomendacións para a promoción dunha economía verde a nivel europeo.
Dende o Grupo de Investigación Persona-Ambiente da Universidade da Coruña, estamos desenvolvemento esta investigación no CONTEXTO GALEGO.
Se vives en Galicia e queres colaborar coa nosa investigación, podes facelo cubrindo esta enquisa:
Cuestionario en galego:
http://surveyglamurs.appeiros.com/index.php?r=survey/index/sid/517150/lang/gl
Cuestionario en castelán:
http://surveyglamurs.appeiros.com/index.php?r=survey/index/sid/517140/lang/es