Conferencia sobre os medios comunitarios na Universidade da Coruña

Publicado: 15 octubre, 2019 en Actualidade, CUAC FM, Medios Comunitarios
Etiquetas:, ,

Mañá mércores 16 de outubro de 2019 o meu compañeiro Mariano Fernández mais eu estamos convidados polo profesor Juan Jesús Romero Cardalda a compartir a experiencia de CUAC FM co alumnado da Universidade da Coruña.

A conferencia, nomeada “A experiencia de CUAC FM, Radio Comunitaria da Coruña”, terá lugar ás 16:00 horas no salón de actos da Facultade de Comunicación Audiovisual e Socioloxía (Campus de Elviña, Universidade da Coruña).

A participación é libre e gratuíta e está aberta a calquera persona interesada. Se estás interesado na temática, simplemente achégate mañá ao Campus de Elviña!

Nesta actividade, que esperamos que se convirta nun coloquio coa audiencia, abordaremos a experiencia de CUAC FM como única emisora de radio libre e comunitaria da Coruña, fundada hai 23 anos por un grupo de estudantes da propia Universidade da Coruña.

Non podemos, por suposto, obviar dentro da traxectoria de Cuac FM, a estratexia política, social e legal desenvolvida nestes anos por CUAC FM e que nos levou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quen nos recoñeceu- por fin- o noso dereito de emisión na Frecuencia Modulada.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s