Entrevista en Praza Pública: CUAC FM no Parlamento europeo

A coordinadora de Cuac FM, Isabel Lema representou á Asociación Europea de Radios Comunitarias

Entrevista en Praza Pública sobre a comparecencia de CUAC FM no Parlamento Europeo_Reportaxe de Marcos Pérez Pena

Os obstáculos para o desenvolvemento das emisoras comunitarias en Europa seguen sendo moi grandes, e a situación en Galicia é máis negativa aínda. Porén, aí seguen traballando un feixe de proxectos, facendo moito polo fomento da radio local, polo libre acceso da cidadanía á emisión radiofónica e, como consecuencia do anterior, pola potenciación da lingua galega. E, entre todos, pelexan por ver recoñecido o seu estatus legal, a súa función social e por ter a posibilidade de competir en igualdade de condicións coas emisoras comerciais.

O pasado 16 de xaneiro unha representación da Asociación Europea de Radios Comunitarias (AMARC-Europa) interveu no Parlamento europeo, no marco dunha xuntanza do Intergrupo para as minorías tradicionais, comunidades nacionais e línguísticas, para presentar as recomendacións das radios comunitarias para a defensa da pluralidade e diversidade cultural nos medios de comunicación. A reunión foi facilitada polo eurodeputado vasco Iñaki Irazabalbeitia, da Alianza Libre Europea.

Na comparecencia ante os parlamentarios europeos interviron Davyth Hicks (secretario xeral da Rede de Europea as Linguas Rede de Igualdade-ELEN, CEO Eurolang), Sally Galiana (presidenta de AMARC-Europa) e Isabel Lema, coordinadora de Cuac FM, que ademais achegou a visión do grupo de traballo creado en AMARC-Europa sobre as linguas minorizadas.

Podes continuar lendo toda a entrevista  en: http://praza.com/movementos-sociais/6404/cuac-fm-levou-a-voz-das-radios-comunitarias-ao-parlamento-europeo/

Deja un comentario