Posts etiquetados ‘Pepe Cunha’

Conferencia_Pepe_Cunha

Cartaz_conferencia_Pepe_Cunha

O vindeiro luns 16 de decembro de 2019 celebraremos, no marco do Taller de Comunicación Social da Universidade Sénior da Coruña, unha conferencia titulada “O papel dos medios de comunicación na promoción cultural. “Ábrete de Orellas”, un proxecto exemplar na comunicación musical galega”. 

O obxecto desta conferencia é coñecer e debater sobre a cobertura que realizan os medios de comunicación de masas das diferentes manifestacións culturais, especialmente daquelas que son propias de Galicia.

Para elo convidamos a Pepe Cunha, reputado e premiado experto musical, comunicador e escritor, director do proxecto de comunicación musical “Ábrete de Orellas”, Portal Galego de Lecer“.

Cunha, a través do portal Abrete de Orellas, así como do proxecto radiofónico homónimo, foi premiado en 2016 e 2018 como “Mellor Espazo de Comunicación Musical” nos Premios Martín Códax da Música, outorgados pola Asociación Músicas ao Vivo.

A conferencia está dirixida ao alumnado da Universidade Sénior así como a calquera persona interesada en asistir, ata límite de aforo.

Lugar de celebración:  Universidade Sénior, UDCEdificio A Normal.  2º andar. Aula 2.  Paseo Ronda, 47, 15011 A Coruña

Sobre o conferenciante

Pepe Cunha (Ferrol, 1972) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Afeccionado á música desde rapaz, en 1997 comeza facer un programa musical en Radio Kaos, emisora universitaria do campus de Ferrol actualmente desaparecida. Colaborou como experto musical na emisora municipal Radio Fene, Diario de Ferrol, De troula, Xornal de Galicia e a Televisión de Galicia.

Pepe Cunha é socio fundador e actual presidente de Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria de Ferrolterra, onde comezou a andaina radiofónica do seu proxecto “Ábrete de Orellas”, que dende 2003 era un portal de Internet especializado en música e concertos na Galiza: www.abretedeorellas.com.

A idea “orelluda” é prestar atención especial a artistas, salas e produtoras do país, sen pretender crear tendencias, senón divulgar e ser un punto de encontro das diferentes propostas, un labor que os medios públicos ou subvencionados non están a desenvolver na Galiza como deberían. O programa Ábrete de Orellas pode escoitarse nas emisoras da REGARLIC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias), as radios municipais Radio Negreira e Radio Redondela e o PontevedraViva Radio.

Premios. “Ábrete de Orellas” foi premiado en 2016 e 2018 como Mellor Espazo de Comunicación Musical nos Premios Martín Códax da Música, outorgados pola asociación Músicas ao Vivo.

O salto á literatura. Tras todos estes anos de programas de radio, crónicas de concertos e recensións de discos, en 2018 a editorial ferrolá Edicións Embora encargoulle abrir unha colección de libros sobre músicas do país. O seu debut coma escritor coa publicación “Guadi Galego. Pola beira da canción” viu a luz no verán de 2019 e xa superou os douscentos exemplares vendidos nun mercado cativo coma o galego.