Aldraxe á cidadanía e aos medios comunitarios

Artigo de Marcos Pérez Pena | @marcosperezpena en PRAZA sobre o informe interno de Industria revela cómo se manipula el sector audiovisual y la concesión de TDT

“A pasada semana El Diario publicou en exclusiva un informe interno de Industria que revelaba como se manipula o sector audiovisual e a concesión de TDT. Entre outras recomendacións, o texto propoñía “eliminar” da lexislación a categoría de servizos de comunicación audiovisual comunitarios sen ánimo de lucro, é dicir as radios e televisións comunitarias, recollidas no artigo 32 da Lei do Audiovisual, aprobada en 2010, que obriga o Estado a “garantir a dispoñibilidade do dominio público radioeléctrico necesario para a prestación destes servizos”. O Estado central e a Xunta levan máis de catro anos incumprindo a lei, pero o informe interno de Industria defendía impulsar unha modificación lexislativa para obstaculizar definitivamente o labor destas emisoras, “xustificado na escasez de frecuencias e nas posibilidades de internet e os medios dixitais”. O informe anticipaba igualmente que a medida tería o “rexeitamento de partidos de extrema esquerda”.

Seguir lendo o artigo en: http://praza.gal/movementos-sociais/10383/os-medios-comunitarios-cualifican-de-aldraxe-a-cidadania-o-plan-de-industria-para-eliminalos/