Do 17 ao 19 de abril, A Coruña converteuse no centro da comunicación comunitaria do Estado. O ReMContro 26 reuniu en NORMAL, na Universidade da Coruña, radios e televisións comunitarias de todo o país para debater, compartir e construír xuntas.
Pero nada disto tería sido posible sen as persoas que lle deron vida: os voluntarios e voluntarias que traballaron sen descanso, os ponentes que compartiron o seu coñecemento, e todas as persoas que se achegaron a participar.
Este vídeo é para vós. Grazas.
