O forzado silencio do Nóbel da Paz

Publicado: 12 diciembre, 2010 en Actualidade
Etiquetas:

Vargas Llosa puido esta semana facer un fermoso discurso de agradecementos, rememorias, soños e ideais no acto de entrega do seu merecido Nóbel de Literatura.

Máis tamén esta semana o goberno Chino logrou silenciar a outro Premio Nóbel, o da Paz. Non foi pola forza das ideas ou das conviccións, senón pola forza das armas. Situacións coma a de Liu Xiaobo lémbranos que, con moitas eivas, somos privilexiados que vivimos nun dos mellores países do mundo.

Reconfórtame tamén que entidades sociais coma Amnistía Internacional (Nóbel da Paz en 1977), sigan traballando para protexer e denunciar os delitos e a ausencia de respeto aos dereitos humanos en todo o mundo, gracias ás pequenas aportacións que cidadáns de todo o mundo facemos cada ano.

China é unha das situacións que permanentemente ven denunciando Amnistía Internacional. Unha absoluta ignoracia aos dereitos máis fundamentais que se agravou aínda máis coa celebración dos xogos olímpicos.  Mentras gobernos e cidadanía miraban cara outro lado, asasinatos, torturas, persecucións, censura… todo iso ocorría en China mentras o mundo celebraba medallas e éxitos. Dóeme tanta falta de principios.

Triste que en pleno século XXI, o respecto aos dereitos humanos no noso planeta sexa equiparable ao século XIX.

Fantástica a viñeta de Forges deste domingo no diario El País.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s