Antártida e o Cambio Climático

Publicado: 3 febrero, 2011 en Comunicación Ambiental, Educación Ambiental

"Antártida". Carlos Caraglia.

 

Unha recomendación artística cun trasfondo de sensibilización ambiental:

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), con sede no castelo de Santa Cruz- Oleiros, acolle na súa Sala de Exposicións a mostra fotográfica “Antártida e o Cambio Climático” do fotógrafo  Carlos Caraglia.

O principal obxectivo da exposición fotográfica deste fotógrafo galego é dar a coñecer as consecuencias do cambio climático, poñendo como exemplo o que está a suceder na Antártida, coa finalidade de espertar a conciencia da sociedade para que asuma un papel activo na solución aos problemas do quentamento global.

Estas imaxes axudan a comprender a grandiosidade deste escenario de xeo, con paisaxes que parecen ilustracións dun conto de fantasía, entre inquietantes e monumentais.

A exposición estará dispoñible ata o 28 de febreiro en horario de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. Entrada de balde.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s