LA RESISTANCE, unha obra sobre o amor verdadeiro by CUAC FM

Publicado: 17 mayo, 2015 en CUAC FM, Literatura
Etiquetas:, ,
Viva_La_resistance_by_Slight_Shift

Viva_La_resistance_by_Slight_Shift

LA RESISTANCE é unha obra de teatro radiofónica que comezou cunha colaboración entre CUAC FM e “Walkitalkies Radioteatro”, grazas a unha proposta do director e autor teatral santiagués Carlos Losada. O Obradoiro de Ficción de CUAC FM puxémonos en marcha e, baixo a excelente batuta da Cantante Calva e Bea Ulalume, o verán de 2014 gravamos LA RESISTANCE. Foi un auténtico pracer traballar con Luix Kaf, Gema Millán, Saul Pushkin, Ana Eva Suárez e Mónica Alonso. As anécdotas da rodaxe lembraranse durante anos….

Como todo traballo artesanal, e voluntario, editar unha obra de teatro coma esta, leva o seu tempo, e estamos agradecidísmos ao enooooome esforzo de Kurt que xogou con efectos especiais, sons e músicas ata ben entrado o 2015.

Hoxe foi o estreo mundial de La Resistance. O día das letras galegas, un pequeno recoñecemento de CUAC FM a todos os autores e creadores na nosa lingua, especialmente aos que, a pesares das dificultades, seguen coa ilusión de crear pequenas xoias coma esta a partires da imaxinación e o amor polo teatro.

LA RESISTANCE comeza dunha maneira tan suxerente…

“No verán de 1944 a ocupación nazi de Francia vai polo seu cuarto ano. Son tempos ruíns e escuros. Tempos onde todo o que hai de bo no espírito humano é posto a proba. Tempos nos que uns poucos ousados manteñen prendida a esperanza nun vindeiro albor de liberdade, beleza e amor. Eses foron os tempos que lle tocaron vivir a Frederyk Frintch, un deses ousados que baixo os bombardeiros, a morte e o horror mantivo viva a esperanza no seu amor verdadeiro”.

Que non poderás evitar escoitala de seguido na nosa web….

Escoita os podcast de LA RESISTANCE EN: https://cuacfm.org/la-resistance/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s