Esta semana o Instituto de estudios Psicosociais Xoan Vicente Viqueira desenvonverá unha edición máis, e é a sexta, das tradicionais “AULAS NA COSTA DA MORTE”, que este ano versarán sobre “Información, comunicación, risco e vulnerabilidade”.
O xoves á tardiña estou convidada a unha ponencia na que falaremos sobre vulnerabilidade e desigualdade social, dende o punto de vista da investigación social e a análise de xénero. A xornada celebrarase en Zas, nas Torres do Allo, a partires das 20 horas e todos aqueles e aquelas que teñades interese, por suposto, estades convidad@s. A entrada é de balde!
Máis abaixo pégovos o programa, que tamén podedes descargar en pdf no seguinte link: AulasnaCostadaMorte2013