Posts etiquetados ‘Bea Ulalume’

presentación cuac fm en Ourense

Presentación cuac fm en Ourense

«CUAC FM, 20 anos revolucionando as Ondas Radiofónicas» é o título da ponencia que Mariano Fernández máis eu mesma fixemos o pasado xoves na facultade de ciencias da educación do campus de Ourense. Grazas ao convite de Radio Fedello participamos en representación de CUAC FM no Encontro Luso-Galaico de radios alternativas.

Nel, tivemos a oportunidade de compartir ilusións, experiencias e inquedanzas cos colegas ourensanos máis tamén con activistas portugueses como Rádio Zero e “Radio Aurora, A outra Voz”.

A nós tocounos falar da historia dos medios comunitarios, que comezaron en EEUU (como nón!) máis pronto se espallaron por todo latinoamérica, Europa, África, Asia, e por suposto Galicia.

Falar de medios comunitarios e falar de lexislación é todo un. Sobre todo porque despois de tantos anos de loita e defensa do dereito á liberdade de expresión e comunicación da cidadanía, os medios libres e comunitarios do Estado seguen a esperar unha lexislación xusta e axeitada, e un correcto desenvolvemento dos dereitos que tanto a Constitución como a Lei Xeral de Telecomunicación (UTECA) nos recoñecen.

“O fundamental é a diversión, pasalo ben, desfrutando, e pensando que fas un bo producto que lle vai gustar á audiencia”.

Os amigos de Radio Fedello nos pediron que lles amosáramos exemplos de como facemos radio comunitaria en CUAC FM. Por iso, nunha presentación que entremezclou imaxes, fotografías e arquivos sonoros da emisora, escoitamos breves mostras sonoras que como a equipa do AR DE CORUÑA constrúe un programa comunitario de CUAC FM. O noso ESPECIAL ELECCIÓNS LOCAIS, foi exemplo dunha recente cobertura especial da emisora e o especial DIA DA CIENCIA NA RÚA deu mostra de como facer radio á pé de rúa, neste caso, a pé da casa das ciencias do parque de santa margarida da Coruña.

De como un excelente equipo de guionistas é capaz de facer un curso de galego radiofónico tan único e irrepetible como o ISTO É GALEGO. Radio e teatro van moi unidos en CUAC, e no salón de actos da Uni tamén se escoitou o capítulo 1 de «LA RESISTANCE»  a nosa recén estreada radionovela sobre a liberdade, a beleza e o amor.  Éstes foron algúns dos exemplos sonoros cos que os participantes no Encontro Luso-Galaico de radios alternativas coñeceron un pouco máis a CUAC FM, sen esquecernos, por suposto do único programa de CUAC FM que se emite só en Fin de Ano, QNEP.

Preguntas para o debate e seguir traballando no futuro

O máis interesante da xornada foi, sen embargo, o debate que se produciu cos compañeiros de Radio Fedello de Ourense e cos proxectos chegados de Portugal, como o Clube Intercultural Europeo de Lisboa. ¿Cómo comezar unha radio universitaria sen apenas recursos? ¿Cómo chegar á cidadanía? ¿Cómo facer que os colectivos se unan á unha radio alternativa? ¿Cómo poden as radios comunitarias facilitar a participación dos colectivos en risco de exclusión? Preguntas que xeraron un debate moi enriquecedor e que nos plantexan futuras liñas de traballo compartido.