Posts etiquetados ‘blue star’

corunaopina2019

corunaopina2019

Este mes o barco quimiqueiro «Blue Star» encallou na ría de Ares por mor dun accidente e incendio a bordo da embarcación. Un accidente sen vítimas nin, ata o momento, sen datos ambientais, que porén nos levou a memoria desastres anteriores acontecidos nas costas galegas.

Hai uns días, fun convidada pola xornalista coruñesa Isabel Bravo a participar no foro de debate de A Coruña Opina de Radio Coruña Cadena SER. Foi un pracer poder compartir cos colegas de mesa e coa audiencia reflexións respecto de como debería ser unha coa xestión da comunicación ante unha crise como a acontecida nestas dúas pasadas semanas.

Unha boa estratexia por parte das autoridades contribúe a ter un bo control da mensaxe e dos procesos de comunicación, evitando fenómenos de desinformación ou unha alerta social derivada dun proceso de amplificación social do risco. Para elo, as autoridades deben aportar  información veraz con carácter inmediato, con transparencia e honestidade, baseada nos datos técnicos disponibles,  coa fin de evitar contradiccións ou interpretacións sesgadas do suceso. Algo que no caso do Blue Star non aconteceu.

Esta foi tamén unha oportunidade para lembrar os resultados de varios estudos realizados polo People Environment Research Group da Universidade da Coruña sobre o desastre do Prestige, a comunicación e a percepción social do risco ambiental, e o papel dos medios de comunicación ante o desastre ambiental.

Dende o noso grupo levamos moitos anos traballando dende as ciencias sociais sobre como implicar á cidadanía na adopción de estratexias de adaptación e afrontamento dos retos e os riscos ambientais, ben sexan desastres como o do Prestige, como situacións como a actual emerxencia climática. Ter a oportunidade de transmitir este coñecemento a través da radio é un luxo e un pracer.

O audio do programa pódese escoitar no enlace: https://play.cadenaser.com/audio/1575209158_248923/