Posts etiquetados ‘#cuac24M’

CUACFM_ELECCIONES

Se non sabes a quen votar nestas eleccións locais, en CUAC FM poñémolo fácil para que coñezas aos candidatos, escoites as súas propostas e vexas como responden ao infalible cuestionario de CUAC FM. Unha cobertura especial que deu voz ás nove candidaturas que se presentan ás eleccións municipais da Coruña.

Mar Barcón, Xosé Manuel Carril, Carlos Marcos, Carlos Oliva ou Xulio Ferreiro, visitaron CUAC FM e presentáronnos as súas medidas para solucionar os problemas da cidade. Con eles falamos sobre emprego, integración social, movilidade, loita contra o cambio climático, urbanismo, participación cidadá… e nun «test exprés» puxémolos nun brete ante preguntas sen escapatoria.

Podes escoitalas todas en: https://cuacfm.org/eleccions-locais-2015/

E NA NOITE ELECTORAL, QUE?

A cobertura especial de CUAC FM continuará o vindeiro domingo a partires das 19:30 cun programa en directo dende o estudo José Couso e con conexións en directo con todos os nosos reporteiros que cubrirán o peche dos colexios electorais e se desprazarán as sedes dos principais partidos políticos, para coñecer cono viven o reconto e as súas reaccións. Información obxectiva e plural, contada minuto a minuto, por un equipazo de 20 cuaqueros cos que poderás seguir os resultados electorais a través do 103.4 da FM e na nosa renovadísima web.

E ATA O DOMINGO, QUE?

Ademáis, este mes en Alegría, conversamos máis detedidamente con outras candidatas/os do PSOE, BNG e de Marea Atlántica que podedes escoitar de seguido.

MARÍA XOSÉ BRAVO (BNG-AA)

YOYA NEIRA (PSdG-PSOE)

XULIO FERREIRO (MAREA ATLÁNTICA)

Non houbo tempo a máis nesta campaña electoral que recorreu máis ca nunca prazas e rúas esquecidas o resto do ano. O domingo 24 decídese quen/quenes vai gobernar Coruña os vindeiros catro anos.

Votade con sentidiño, e, sobre todo, votade!