Posts etiquetados ‘testemuñas do futuro’

«Testimonio do Futuro» (Illa de San Simón)

 

 «A fototelegrafía permitirá enviar escritos, sinaturas ou ilustracións e asinar contratos a unha distancia de 20.000 quilómetros. Todas as casas estarán conectadas».

«París no século XX».  Julio Verne (1863)

A Fundación da Illa de San Simón celebra estos días o encontro «Testemuñas do Futuro»  no que  algúns dos divulgadores científicos máis relevantes do panorama español establecerán un debate sobre a  percepción e a predición de como pode afectar internet ás universidades, ao traballo, á medicina…  

As xornadas vincúlanse simbolicamente á figura e ao legado de Julio Verne, un dos grandes visionarios da historia no relativo aos avances tecnolóxicos que habería de acadar a humanidade.

O encontro será retransmitido por streaming a través do canal San Simón TV e realizarase un completo seguemento en Twitter, desde a conta @illasansimon e co hastag  #TestimoniosFuturo.