Benvidos a Ourense!
Esta é a terra onde vivo actualmente, unha terra que estou descubrindo día a día e que podo dicir que conta cunhas paisaxes fermosísimas, cidades e vilas nun estado de conservación maravillosa e un entorno natural absolutamente envidiable. Tan só un pero: moi pouco sabemos os galegos de explotar os nosos recursos e, cando sí se fai, non é dunha maneira sostible.
O futuro dos pobos pasa polo respecto e o coidado da súa natureza, o aproveitamento sustentable dos seus recursos naturais, e pola búsqueda de estilos de vida saudables e menos consumistas. Estou convencida.