Confían os partidos en ti ou só precisan do teu voto?

Publicado: 19 octubre, 2012 en Actualidade
Etiquetas:, , , , , , ,
Breve análise dos programas electorais en clave participativa

Ante a crise económica, social e de confianza nas institucións públicas que se está a vivir en España e Galicia (remítome a última enquisa CIS) cabería esperar que os principais partidos políticos que se presentan ás eleccións ao Parlamento de Galicia o vindeiro domingo 21-O, fixesen un esforzo sen precedentes e escoitasen as demandas da cidadanía.

No centenar de manifestacións ou concentracións convocadas polos diferentes colectivos sociais nos recentes meses, pódese distinguir un denominador común: a reivindicación do paso dunha democracia formal a unha democracia máis real na que se articulen mecanismos de participación pública e decisión cidadá respecto dos problemas comúns.

Parece evidente que si os nosos representantes políticos tivesen os oídos abertos ás demandas cidadás, estas reivindicacións aparecerían reflectidas nos seus programas políticos. Imos comprobalo.

 Reforma Parlamentaria

Analizando, entón, os programas electorais das formacións que presumiblemente formarán parte do hemiciclo galego a partires do 21-O (remítome ás enquisas publicadas), podemos ver que o Partido Popular aposta por recortar o Parlamento “reducindo o número de Deputados a 61”, ainda que tamén estudaría “novas vías de participación para a cidadanía”, a través das novas tecnoloxías, para que poidan incluír asuntos de relevancia no debate parlamentario”.

Pola outra banda, tanto o Partido Socialista coma o BNG apostan pola reforma da Lei Electoral Galega e por reformular as Iniciativas Lexislativas Populares. Os socialistas impulsarían a figura do “Deputado 76” (que defenderías as ILPs na Cámara, dándolles prioridade na tramitación parlamentaria) e a participación da sociedade civil nos procedementos lexislativos e nos debates da Cámara, a través da Comisión de Peticións do Parlamento.

O Bloque Nacionalista Galego aposta por “un sistema electoral proporcional directo”, rebaixando ao 3% o tal de votos necesario para acceder ao Parlamento Galego e facendo de Galicia unha única circunscripción electoral. Tamén establecerían obrigatorios por lei os debates públicos nos medios de comunicación durante as campañas electorais.

 Goberno Aberto

Nas 365 páxinas de programa electoral, os populares inclúen unha terceira medida: desenvolver a “democracia en liña”, favorecendo a interacción entre cidadáns e administración a través de “audiencias virtuais, sondaxes de opinión” a través dunha “Plataforma Dixital de Participación Cidadá”.

O PSdeG fala de “Goberno Aberto” baseado en tres piares: transparencia na acción de goberno, participación cidadá na definición das políticas públicas e traballo en rede, apostando polos “Consellos de Participación Sectorial” e a elaboración do “Libro Blanco da Participación de Galicia”.

O programa do BNG avanza un pouco máis na democracia directa, falando de “regulación de consultas populares” co fin de que as decisións políticas importantes sexan tomadas directamente pola cidadanía.

Medios de Comunicación

Os cidadáns precisan de medios de comunicación que garantan a liberdade e pluralidade. Por iso é importante a existencia da prensa e, especialmente de medios públicos que informen con rigurosidade e obxectividade. Analizando os programas, destacaría a defensa do Partido Popular da CRTVG, propoñendo que na vindeira lexislatura “o Director Xeral da Corporación sexa elixido por maioría reforzada no Parlamento de Galicia”.

Asimesmo, O BNG recolle unha proposta novidosa: que na concesión de frecuencias radiotelevisivas “se promoverá a presenza de entidades de carácter comunitario”.

Dende o meu punto de vista, esta defensa dos medios de comunicación sen fins lucrativos resulta fundamental. Só existirá unha auténtica liberdade de información, de independencia e transparencia dos medios de comunicación, cando as institucións recoñeza, legalicen e contemplen licenzas para os medios comunitarios, é dicir, aqueles impulsados non por empresas xornalísticas ou multinacionais, senón pola propia cidadanía. Con características e requisitos diferentes, xustos, que atendan á súa idiosincrasia.

Que pasa con AGE?

O programa electoral de Alternativa Galega de Esquerdas, a cuarta formación que previsiblemente obterá representación no Parlamento Galego, conta so con tres follas nas que resumen o ideario da coalición.

Nel propoñen a “elaboración dunha Lei Electoral xusta, que respecte os principios de pluralidade, proporcionalidade e representatividade” e a defensa do ámbito informativo galego “con medios de comunicación non sometidos aos poderes políticos e económicos”.

Apostarían, en último lugar, por un novo proceso constituínte que recoñeza a plena soberania de Galicia e o dereito a participación cidadá “que inclúa o referendo vinculante das leis ou o seu voto electrónico sen restricción en materia algunha”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s