CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, cumpre 18 anos

Publicado: 25 marzo, 2014 en Actualidade

cartel do 18 aniversario de CUAC FM

O 27 de marzo de 1996, no Campus da Zapateira, con reportaxe da TVG e presenza de diversos representantes da Universidade da Coruña, ademáis da presentación dos 26 programas cos que comezaba a andaina de CUAC FM no 103.4 da FM.

18 anos despois, máis de 1500 persoas e 422 programas teñen formado parte do proxecto ao longo da sua historia, nunha aventura que ten como principal obxectivo dar a opción de facer radio e difundir ideas moi diversas a través dese marabilloso sistema de comunicación sonoro.

E a aventura continúa…

 FESTA DE ANIVERSARIO

Os actos previstos para a celebración inclúen unha sesión de mini monólogos e brindis colectivo o Xoves 27 ás 20:30 horas en La Barbería (na Rúa do Orzán nº 15) que presentará Victor Grande, socio e ex-vicepresidente de CUAC.

O sábado 29 emítese o programa comunitario Ar de Coruña de 12 a 14 horas e pola noite celébrase un concerto na Sala Mardi Gras coas banda madrileña Lamprologus (gañadores no 2011 do Concurso de maquetas da emisora) e os coruñeses Shine. A festa se completa con CUAC FM Djs na cabina da sala.

De novo dende a propia radio, o domingo de 17 a 22 horas emitirán programas antigos da emisora que regresan ás ondas por un día. Programas como Cosecha del 78, Sopas con ondas ou Casa amelia, revivirán por un día a sensación de estar en antena.

CUAC FM emite para todo o mundo dende internet dende 1996 e conta dende 2012 con aplicación gratuita para ser escoitada en dispositivos móbiles (android, apple store e nokia ovi).

ENCONTRO EUROPEO

Pero o máis importante que ten preparado a emisora será o Encontro Europeo de Medios Comunitarios que se celebra en Normal, o espazo de intervención cultural da UDC entre os días 10 e 13 de abril.

A Coruña convertirase durante eses días no epicentro europeo do tercer sector da comunicación (nin público, nin privado comercial) con máis de 100 persoas representando a diversas redes de paises como Francia, Alemaña… ademáis de membros da Rede de Medios Comunitarios do estado español, que ten a CUAC como sede estatal. Máis info en:http://encuentro14.org

Deja un comentario