Médicos do Mundo denuncia discriminacións no acceso á sanidade pública

Publicado: 8 abril, 2015 en Actualidade, Igualdade
Etiquetas:, , , , , , ,
Campaña de MdM pola sanidade universal

Campaña de MdM pola sanidade universal

Onte, 7 de abril, conmemorouse o día internacional da saúde, unha data na que a ONG MÉDICOS DO MUNDO, aproveitou para facer denuncia da agravada situación de exclusión sanitaria que sofren determinados colectivos sociais en España:

“Os recortes en financiamento e as restricións lexislativas ao dereito á saúde están dado lugar a unha situación de desprotección da cidadanía, especialmente rechamante nun mes de abril declarado como “Mes da saúde” pola Comisión Europea. Médicos do Mundo quere destacar que para reverter esta situación é imprescindible o compromiso político na defensa do dereito á saúde e dos sistemas públicos de saúde xa que son os únicos que poden garantir os obxectivos compartidos de universalidade, equidade e calidade dos servizos sanitarios“.

Os portavoces desta ONG afirman que “coa posta en marcha da reforma sanitaria de 2102, baixo a escusa da crise económica, impúxose unha transformación estrutural do modelo do Sistema Nacional de Saúde (SNS) que non só deixou por centos de miles de persoas sen asistencia sanitaria, ademais situounos nun desfasado sistema de aseguramento e copago pola prestación de determinados servizos”.

Onte, en CUAC FM, a emisora comunitaria da Coruña, abordouse esta temática -especialmente falando do servizo de asistencia sanitaria en Galicia- no programa ALEGRÍA. Inès Fernàndez de Còrdoba e Gemma Blanco, membros de MÉDICOS DO MUNDO, respostaron ás  nosas preguntas e deron voz aos colectivos máis excluídos pola administración pública. Interesantísima entrevista (en galego e castelán) que non deberías deixar de escoitar.

Escoita a entrevista a  Inès Fernàndez e Gemma Blanco, de Médicos do Mundo, no programa Alegría de CUAC FM, no seguinte podcast: http://www.ivoox.com/alegria-cuac-fm-7-abril-2015-t12x25-audios-mp3_rf_4319995_1.html

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s