Posts etiquetados ‘alegria en cuac fm’

Carlos Villar, de Ecos do Sur, en Alegría, de CUAC FM

Carlos Villar, de Ecos do Sur, en Alegría, de CUAC FM

No programa Alegría, de CUAC FM, entrevistamos ao director da ONG «Ecos do Sur» para falar sobre inmigración e integracion social no barrio de maior mestizaxe da Coruña: o Agra do Orzán.

Falamos con Carlos Villar, abogado experto en temas de inmigración, sobre as características do Agra, e os resultados do diagnóstico que, a través do proxecto Agra Civis, está a amosar sobre as debilidades dun barrio no que viven 30.000 persoas, e no que residen persoas de 30 culturas diferentes.

Escoita esta interesante entrevista con Carlos Villar no seguinte podcast de Alegría:http://www.ivoox.com/alegria-cuac-fm-28-abril-2015-t12x28-audios-mp3_rf_4420126_1.html

O mundo que queremos, logotipo do proxecto de AGARESO

«o mundo que queremos»

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) desenvolveu, por segundo ano consecutivo, ‘O mundo que queremos’ un proxecto de educación para o desenvolvemento que pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais. O fío temático do proxecto son os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), así como experiencias educativas vinculadas ao «teatro do oprimido» e a radios comunitarias de África e América Latina.

No programa Alegría, de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, falamos con María Caride, coordinadora deste proxecto no que están implicadas, ademáis de Agareso, Solidariedade Internacional de Galicia, Mundo Cooperante, Educo, Asemblea de Cooperación Por la Paz, Tempo de  Loaira e o grupo de Teatro da Oprimida 100tolas.

Escoita a entrevista sobre o proxecto «O Mundo que Queremos» facendo click no seguinte enlace: http://www.ivoox.com/alegria-cuac-fm-21-abril-2015-t12x27-audios-mp3_rf_4392408_1.html

FRASIER

Publicado: 25 abril, 2015 en CUAC FM, SPOILER
Etiquetas:, ,
Kelsey Grammer en Frasier

Kelsey Grammer en Frasier

Cuando en 1993 Sam Malone bajó la verja del mítico Cheers uno de nuestros personajes favoritos, el psiquiatra Frasier Crane (Kelsey Grammer) decide hacer las maletas y volver  a su Seattle natal para recetarnos, en píldoras de apenas 25 minutos, el mejor antídoto contra el aburrimiento y la penas: Frasier.

Frasier es, desde mi punto de vista, el Spin-off más exitoso de la televisión, con once años en antena, el Dr Frasier Crane, su padre Martin y su maniático hermano Niles son una parte fundamental de nuestra familia televisiva. En el programa Spoiler de CUAC FM, pensamos que nunca es tarde para recordar algunos de los grandes momentos de nuestro psiquiatra favorito. La sonrisa está asegurada!

Escucha el podcast de Spoiler S02E22 dedicado a FRASIER en: http://spoiler.cuacfm.org/2015/03/22/spoiler-s02e22-frasier/

Campaña de MdM pola sanidade universal

Campaña de MdM pola sanidade universal

Onte, 7 de abril, conmemorouse o día internacional da saúde, unha data na que a ONG MÉDICOS DO MUNDO, aproveitou para facer denuncia da agravada situación de exclusión sanitaria que sofren determinados colectivos sociais en España:

«Os recortes en financiamento e as restricións lexislativas ao dereito á saúde están dado lugar a unha situación de desprotección da cidadanía, especialmente rechamante nun mes de abril declarado como “Mes da saúde” pola Comisión Europea. Médicos do Mundo quere destacar que para reverter esta situación é imprescindible o compromiso político na defensa do dereito á saúde e dos sistemas públicos de saúde xa que son os únicos que poden garantir os obxectivos compartidos de universalidade, equidade e calidade dos servizos sanitarios«.

Os portavoces desta ONG afirman que «coa posta en marcha da reforma sanitaria de 2102, baixo a escusa da crise económica, impúxose unha transformación estrutural do modelo do Sistema Nacional de Saúde (SNS) que non só deixou por centos de miles de persoas sen asistencia sanitaria, ademais situounos nun desfasado sistema de aseguramento e copago pola prestación de determinados servizos».

Onte, en CUAC FM, a emisora comunitaria da Coruña, abordouse esta temática -especialmente falando do servizo de asistencia sanitaria en Galicia- no programa ALEGRÍA. Inès Fernàndez de Còrdoba e Gemma Blanco, membros de MÉDICOS DO MUNDO, respostaron ás  nosas preguntas e deron voz aos colectivos máis excluídos pola administración pública. Interesantísima entrevista (en galego e castelán) que non deberías deixar de escoitar.

Escoita a entrevista a  Inès Fernàndez e Gemma Blanco, de Médicos do Mundo, no programa Alegría de CUAC FM, no seguinte podcast: http://www.ivoox.com/alegria-cuac-fm-7-abril-2015-t12x25-audios-mp3_rf_4319995_1.html