Entrevista en Radio Sénior a Antón Luaces e Isa Lema

Publicado: 11 febrero, 2022 en Actualidade, CUAC FM, Medios Comunitarios
Etiquetas:, , , ,

Entrevista en CUAC FM

O pasado día 10 de febreiro tiven a oportunidade de compartir micrófonos co maestro Antón Luaces, convidada polo programa RADIO SÉNIOR, de CUAC FM, a emisora comunitaria da Coruña.

Co gallo da celebración (anticipada) do Día da Radio, os compañeiros de Radio Sénior fixéronlle unha entrevista de semblanza a Luaces, quen explicou como foron os seus primeiros pinitos na radio, a través dunha emisora parroquial en Radio Ribeira. Máis os seus grandes éxitos producíronse en RNE e, especialmente, no seu programa Españoles en la Mar, que tiñá máis de 40 millóns de oíntes en todo o mundo.

No meu caso, eu fun convidada co gallo da estrea do Documental NADA QUE VER, que presentamos no teatro Colón da Coruña o mesmo día pola noite. Un documental do cineasta Iago Prada, sobre os 25 anos de historia de CUAC FM. Falamos da producción desta obra cinematográfica, mais tamén da importancia de CUAC para unha cidade como Coruña. Grazas compañeiros!

A entrevista a Antón Luaces comeza no minuto 15 do audio. A entrevista a Isabel Lema comenza no minuto 40. 

Podedes escoitar os podcasts do programa RADIO SÉNIOR neste link.

Deja un comentario