Entrevista a partir do minuto 1:04
Esta semana pasada tiven a honra de ser entrevistada en varios medios grazas á Estrea do documental «Nada que ver» , unha longametraxe que trata de resumir en 50 muinutos os 25 anos de CUAC FM
Unha das entrevistas que máis ilusión me fixo foi a visita dos compañeiros do programa ZIG ZAG Diario, da Televisión de Galicia. Un programa cultural presentado por unha das voces máis inesquecibles da televisión, Mon Santiso.
Os compañeiros do Zig Zag entrevistáronnos a Iago Prada e a min, xuntiños nos estudos José Couso de Cuac FM. Tivemos a oportunidade para lembrar algúns dos hitos máis relevantes da historia da emisora comunitaria coruñesa, mais tamén para reflexionar sobre os obxectivos e retos para o futuro.
A ambición do Colectivo de Universitarios Activos é seguir sendo a radio da cidadanía coruñesa e da bisbarra, e que cada vez máis xente queira facer o seu propio programa en CUAC FM. Construíndo comunidade. Contribuíndo á mellora da nosa sociedade. Sendo un actor clave na transformación social. E sendo capaces de respostar ás necesidades de comunicación das novas xeracións.
Podedes ver o vídeo íntegro neste link.