Posts etiquetados ‘Cine francés’

OUFF

Festival de Cine Internacional de Ourense

Esta vai de cinema. De cine do independente, mais tamén do cine sen pretensións, do que só intenta conseguir un sorriso do público. Ou daquel que busca a reflexión e unha ollada máis ampla de Latino América, da propia Europa, da temática da igualdade…

Onte fumos ao OUFF (Festival Internacional de Cine de Ourense) a ver unha desas comedias (suiza e en francés) da que non esperas moito pero das que saes cunha boa dose de alegría, que nunca sobra nestes tempos que vivimos. E sorprendeume que a pesares de ser un mércores, ás oito da tarde, e de ser o seu terceiro pase, a sala estaba completa para ver Le Jeu de l’Amour et du Hasard.  

O OUFF é un acerto para esta cidade e parece que tamén un éxito pola calidade das películas, polos máis de mil filmes que recibiu a organización, porque xa vai na súa 16 edición e subindo… Pero sobre todo, porque nos da a oportunidade de poder visionar na pantalla grande traballos que nunca terían chegado á nosa cidade, pois todos sabemos como funciona isto da industria cinematográfica. 

Outra das pelis que me chama a atención, e que tentarei ir ver esta fin de semana é «Potiche«, unha comedia francesa con tres actores de luxo: Catherine Deneuve, Gerard Depardieu e Sergi López. 

Son moitas as películas que se proxectan, moitos os días para acudir (do 14 ao 23 de outubro), con varios pases a distintas horas, a un prezo económico… Son varias as actividades fora de carteleira que se organizan no OUFF… Son moitas as razón polas que acudir e apoiar, coa tu presenza, ao OUFF  este ano.

Non o esquezas. Son moitas as razóns para desfrutar do bo cine na cidade das Burgas.