Posts etiquetados ‘Teatro’

Unha hora na vida de Stephan Zweig, Lagarta Lagarta (Imaxe: Xornal.com)

Debo de faceros unha recomendación. Cando teñades ocasión (e seguro que a haberá porque están a percorrer toda Galicia) ide ao Teatro a ver esta inquietante obra de Antonio Tabarés, interpretada pola magnífica compañía galega “Lagarta Lagarta“, cun sempre perfecto Ernesto Chao e unha excelente interpretación de César Cambeiro.

A obra, que por veces da escalofríos, adéntrase na vida do famoso escritor austríaco Stephan Zweig nun día concreto e nunha hora moi especial, que nos mantén en vilo sobre o que en realidade sucedeu na vida do gran escritor, e o que pudo ter sucedido.

Xogando co título dunha das obras máis coñecidas de Zweig, “Veinticuatro horas da vida dunha muller“, texto e intérpretes logran transmitir ao espectador a ansiedade, a desesperación, o medo á dor e a definitiva fuxida dos protagonistas dun mundo que os horroriza e fronte ao cal non atopan saída. Ou si?

Nunha época na que case parece imposible fuxir do mal gusto, a superficialidade e a chavacanería que parece invadir as nosas vidas sen remedio, atopámonos cunha obra de Teatro con Maiúsculas. Francamente recomendable.