Unha hora na vida de Stefan Zweig

Publicado: 9 octubre, 2011 en Actualidade, Literatura
Etiquetas:, , ,

Unha hora na vida de Stephan Zweig, Lagarta Lagarta (Imaxe: Xornal.com)

Debo de faceros unha recomendación. Cando teñades ocasión (e seguro que a haberá porque están a percorrer toda Galicia) ide ao Teatro a ver esta inquietante obra de Antonio Tabarés, interpretada pola magnífica compañía galega “Lagarta Lagarta“, cun sempre perfecto Ernesto Chao e unha excelente interpretación de César Cambeiro.

A obra, que por veces da escalofríos, adéntrase na vida do famoso escritor austríaco Stephan Zweig nun día concreto e nunha hora moi especial, que nos mantén en vilo sobre o que en realidade sucedeu na vida do gran escritor, e o que pudo ter sucedido.

Xogando co título dunha das obras máis coñecidas de Zweig, “Veinticuatro horas da vida dunha muller“, texto e intérpretes logran transmitir ao espectador a ansiedade, a desesperación, o medo á dor e a definitiva fuxida dos protagonistas dun mundo que os horroriza e fronte ao cal non atopan saída. Ou si?

Nunha época na que case parece imposible fuxir do mal gusto, a superficialidade e a chavacanería que parece invadir as nosas vidas sen remedio, atopámonos cunha obra de Teatro con Maiúsculas. Francamente recomendable.

comentarios
  1. […] Es una sorpresa Don Stefan Zweig.  Parece un autor desconocido, pero no. Y quien lo conoce lo adora. Nuestro placer es que les guste el espectáculo que hemos hecho en Lagartalagarta. A ellosas y a todosas. Ved lo que han escrito en este blog […]

  2. […] É unha sorpresa Don Stefan Zweig.  Parece un autor descoñecido, pero non. E quen o coñece adórao. O pracer noso é que lles guste o espectáculo que fixemos en Lagartalagarta. A elesas e a todosas. Vede o que escribiron neste blog […]

  3. David dice:

    Moi boa obra , vina onte en Santiago e gustoume moito.
    César Cambeiro está impresionante e demostra ser un dos mellores actores galegos e un dos menos recoñecidos.
    En canto a obra , está moi ben escrita.
    Mostra as contradicións dun Zweig que se proclama seguidor dunha ataraxia moi propia nos escritores de principio do século vinte (ver El árbol de la ciencia) por exemplo cando di que o mal encontrase soamente na propia alma e por contra está a preparar o propio suicidio por non soportar o mundo no que vive.
    Estas contradicións ponas enriba da mesa a personaxe de César Cambeiro.

    Estas simplemente son as miñas opinións e posiblemente esté equivocado pero é que teño moi recente a obra e deixoume pensando, ¿qué pensades?

  4. Isa Lema dice:

    Aínda recordo o difícil que me resultara ler “el árbol de la ciencia”, antes lectura obrigatoria de COU, pola absoluta frialdade e falta de esperanza do protagonista. Foi un terrible esforzo non caer rendida á negatividade do autor. Con isto non quero dicir que non sexa unha obra maestra, e agora que o comentan si pode que me recorde un pouco o posicionamento do protagonista que interpreta Ernesto Chao.

    Máis neste caso, creo que a desesperación de Zweig é consecuencia do momento histórico que está a vivir, é dicir, hai un compoñente externo importante. Sen embargo, a amargura existencial do protagonista da novela de Baroja ten otro trasfondo, ao meu parecer, aínda que a miña memoria pode estar errada, claro🙂

    Moitas grazas David, polas túas reflexións e alégrome que te gustase a obra. Magnífica, dende o meu punto de vista.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s