CUAC FM estará na Feira de Economía Social da Coruña

Publicado: 30 mayo, 2014 en Actualidade, CUAC FM, TRANSFORMACIÓN SOCIAL
Etiquetas:, , ,

fescorunha2014

Este sábado 31 de maio celébrase na Praza de Pontevedra Coruña a  Feira da Economía Social, que naceu para promover un comercio responsable e sustentable, local, e que garanta unhas condicións de vida dignas para as comunidades e a traballadoras/es.

Mañá xuntáranse máis de 40 entidades que tratan de dar visibilidade a un modelo de economía solidaria, participativa, local e na que se substitúe competir por cooperar. O horario: entre as 11 e as 20:30 horas.

Estarán presentes ONGs de comercio xusto e a cooperación, cooperativas de consumo responsable, a banca ética, a bicimensaxería, o urbanismo e a arquitectura sustentable, as enerxías renovables, a música libre, o hardware e software libre, a tecnoloxía aberta, os mercadiños de troco, a cociña solar…

En CUAC FM centraremos o noso programa comunitario AR DE CORUÑA na Feira de Economía Social. Será o mesmo sábado, en directo, de 12:00 a 14:00 horas.

Nel, entrevistaremos aos organizadores da Feira, falaremos cos representantes de moitas das iniciativas que se presentan e contaremos o que está a pasar na pé de praza, para que un evento coma este fique para sempre nas ondas radiofónicas.

Poderás escoitarnos en directo no 103.4 da FM, na nosa web www.cuacfm.org/directo e en calquera momento do ano no noso PODCAST Ar de Coruña. Todo iso e moito máis en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s