Posts etiquetados ‘A Coruña’

Contaminación da ría do Burgo

O pasado xoves e vernes, xunto con Ricardo Garcia Mira ,tiven a oportunidade de realizar dous «Fous Group» (mesas de debate conducidas) sobre a percepción sobre os problemas e o risco ambiental na Coruña (e provincia). Despois de máis de 6 horas de debate con 25 persoas distintas (tratamos que fose unha mostra representativa da sociedade), decatámonos de:

1) a extraordinaria información que ten a cidadanía sobre os problemas ambientais da súa cidade. Fixeron unha diagnose certeira a partires da súa inquietude e a súa percepción sobre o que ven, respiran, comen, habitan…
2) O desamparados que se sinten ante a inacción/ineficacia das institucións. Que podemos facer? repetían constantemente.
3) O exceso de información xenera desinformación. Cada vez temos máis acceso a medios de comunicación, informes, estudos, Internet, redes sociais. Pero… de quen te fías? Destaca a absoluta desconfianza sobre o que se publica.
4) A cidadanía é consciente de que os problemas ambientais afectan á nosa saúde e están altamente preocupados por elo. Se houbera unha estratexia definida, unha grande parte da cidadanía apostaría por cambiar o seu estilo de vida, para vivir mellor, e máis seguros.

En todo isto (e moito máis) estamos traballando no noso grupo de investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña APAIXOANTE!!!

Carlos Villar, de Ecos do Sur, en Alegría, de CUAC FM

Carlos Villar, de Ecos do Sur, en Alegría, de CUAC FM

No programa Alegría, de CUAC FM, entrevistamos ao director da ONG «Ecos do Sur» para falar sobre inmigración e integracion social no barrio de maior mestizaxe da Coruña: o Agra do Orzán.

Falamos con Carlos Villar, abogado experto en temas de inmigración, sobre as características do Agra, e os resultados do diagnóstico que, a través do proxecto Agra Civis, está a amosar sobre as debilidades dun barrio no que viven 30.000 persoas, e no que residen persoas de 30 culturas diferentes.

Escoita esta interesante entrevista con Carlos Villar no seguinte podcast de Alegría:http://www.ivoox.com/alegria-cuac-fm-28-abril-2015-t12x28-audios-mp3_rf_4420126_1.html

fescorunha2014

Este sábado 31 de maio celébrase na Praza de Pontevedra Coruña a  Feira da Economía Social, que naceu para promover un comercio responsable e sustentable, local, e que garanta unhas condicións de vida dignas para as comunidades e a traballadoras/es.

Mañá xuntáranse máis de 40 entidades que tratan de dar visibilidade a un modelo de economía solidaria, participativa, local e na que se substitúe competir por cooperar. O horario: entre as 11 e as 20:30 horas.

Estarán presentes ONGs de comercio xusto e a cooperación, cooperativas de consumo responsable, a banca ética, a bicimensaxería, o urbanismo e a arquitectura sustentable, as enerxías renovables, a música libre, o hardware e software libre, a tecnoloxía aberta, os mercadiños de troco, a cociña solar…

En CUAC FM centraremos o noso programa comunitario AR DE CORUÑA na Feira de Economía Social. Será o mesmo sábado, en directo, de 12:00 a 14:00 horas.

Nel, entrevistaremos aos organizadores da Feira, falaremos cos representantes de moitas das iniciativas que se presentan e contaremos o que está a pasar na pé de praza, para que un evento coma este fique para sempre nas ondas radiofónicas.

Poderás escoitarnos en directo no 103.4 da FM, na nosa web www.cuacfm.org/directo e en calquera momento do ano no noso PODCAST Ar de Coruña. Todo iso e moito máis en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña!

As compañeiras de ION RADIO de Bilbao elaboraron unha expléndida reportaxe sobre o Encontro Europeo de Medios Comunitarios que organizamos en CUAC FM, en colaboración coa Rede de Medios Comunitarios e que se celebrou na NORMAL e no paraninfo da Universidade da Coruña.  A foto mostra a representantes de todas as emisoras e tv libres e comunitarias do Estado, máis moita máis xente traballou e participou neste Encontro, como as redes europeas de medios comunitarios ou AMARC-Europa.

Podedes escoitar a reportaxe de Alba Villanueva no seguinte link:

Villanueva
Alba Villanueva @avillanavas

Si perteneces a un medio de comunicación libre o comunitario, si simplemente tienes algo que contar, si te hierve la sangre o si quieres ayudarnos a transformar la sociedad y construir un mundo mejor CUAC FM te invita a participar en el Encuentro Internacional de Medios del Tercer Sector, aquellos que pertenecen, representan y dan voz a la ciudadanía.

Ya has visto nuestro vídeo de presentación. Ya has visto nuestra web http://encuentro14.org.  Si tienes dudas no dejes de leer nuestra página o visitarnos en Facebook.

Recuerda: hoy, a partir de las 12:00 se abre el plazo de inscripción. No dejes de apuntarte!

El 11 abril empieza todo.  Nos vemos en la tierra del fin del mundo!