No proxecto de divulgación científica en formato radiofónico e podcast que estamos a desenvolver dende a Universidade da Coruña e CUAC FM, adicamos un episodio a analizar as potencialidades da industria dos videoxogos e, concretamente, o traballo que se está a desenvolver na UDC e na industria galega.

Para falar de todo iso dende unha perspectiva científica e rigurosa contamos con catro expertos, profesores e investigadores da UDC: María Luz Castro, coordinadora do Máster de Deseño, Desarrollo e Comercialización de Videoxogos, Luís Antonio Hernández, docente no grao  en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, Patricia Comesaña. Profesora de Estratexias de Comunicación Multimedia no grao de comunicación audiovisual, e Patricia Digón, Profesora de pedagoxía e didáctica, experta en educación mediática.

O programa versou Os temas sobre os que debateu no programa foron: a importancia da industria do videoxogo en Galicia e no mundo, o papel da Universidade da Coruña como formadora experta dos diversos perfís profesionais demandados nesta industria, as estratexias de márketing na industria do videoxogo e poboacións vulnerables, as tendencias de consumo da industria cultural-creativa dos videoxogos, o sexismo na industria e a trasmisión de valores -positivos e negativos– e estereotipos a través dos videoxogos; os videoxogos como ferramenta educativa e de innovación pedagóxica.

ESCOITA OS PODCASTS NESTE LINK e tamén en YouTube.

Deja un comentario