Divulgación científica en galego: utopía ou realidade?

Publicado: 11 julio, 2023 en Actualidade, CUAC FM, Educación, Medios Comunitarios
Etiquetas:, , , , , , , , ,

No terceiro episodio de ONDA CIENCIA abordamos as luces e sombras da divulgación científica en galego. Cal é o papel que desempeña a nosa lingua?

Para profundizar nesta temática, conversamos con catro investigadores da UDC que contan cunha longa experiencia facendo divulgación en diferentes medios de comunicación: Laura Castro, profesora de Informática e divulgadora tecnolóxica en diversos medios de comunicación como Radio Galega e Revista Revirada, Casto Rivadulla, Catedrático de Fisioloxía, comisario da exposición “O mundo na túa cabeza” e autor do libro “A que cheiran as cores”, premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020; Alexandre Peres-Vigo, profesor de Filoloxía, especialista en sociolingüística galega, planificación e políticas lingüísticas e culturais; e Cristina Naya, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC.

Os temas abordados no programa foron: a importancia da divulgación científica en galego e a necesidade de referentes galegos no eido da ciencia, vantaxes e dificultades da divulgación en galego, a cobertura da ciencia nos medios de comunicación de Galicia, a auxe das redes sociais como espazos de divulgación científica, e o papel da UDC como entidade divulgadora da ciencia en galego.

Deja un comentario