Novo proxecto de divulgación científica: Onda Ciencia

Publicado: 7 May, 2023 en CUAC FM, Educación, Igualdade, Medios Comunitarios
Etiquetas:, , , , , ,

Esta primavera comezamos un novo proxecto de divulgación científica en formato radiofónico e podcast, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.

O formato do programa é un coloquio no que participarán profesorado e/ou persoas investigadoras da UDC, expertas nunha temática concreta sobre o que versará cada programa. 

No primeiro episodio de ONDA CIENCIA, que vimos de presentar abordamos a  LeI Orgánica 10/2022, Lei Integral de Garantía da Liberdade Sexual popularmente coñecida como a lei do «solo sí é sí». Para elo conversamos con tres expertas na materia, profesoras e investigadoras da Universidade da Coruña: Patricia Faraldo Cabana, Ana Neira Pena e María Teresa Piñeiro Otero. 

O debate, abordou, dende unha perspectiva pedagóxica, os aspectos máis da recentemente aprobada “Lei do Sí é Sí”, contextualizando a reforma no marco legal internacional e explicando porqué era precisa unha reforma deste tipo.

Os temas sobre os que debateu no programa foron:  Os cambios da Lei en materia de consentimento afirmativo, os bulos sobre a presunción de inocencia, perfil de vítima de violencia machista habitual no Estado e como se abordan estos crimes nos medios de comunicación, a supresión da diferencia entre abusos sexuais e agresión sexual, a reducción da pena dalguns delitos sexuais, a agravante por sumisión química, e a liberdade anticipada de condeados por violencia sexual, o tratamento dos medios de comunicación das vítimas de violencia machista e a a implantación da educación sexual obrigatoria na UDC.

  • ESCOITA TODOS OS PODCASTS NESTE LINK.
  • ESCOITA O PODCAST «A LIBERDADE SEXUAL A DEBATE» NESTE LINK.
  • ESCOÍTANOS TAMÉN A TRAVÉS DE YOUTUBE (CON SUBTÍTULOS).

Deja un comentario