Profesionalización do deporte, é cousa de homes?

Publicado: 3 septiembre, 2023 en Actualidade, CUAC FM, Educación, Medios Comunitarios
Etiquetas:, , , ,

Este verán evidenciouse, unha vez máis, a absoluta discriminación dos homes no deporte profesional. Sen entrar no caso da selección española de fútbol, ​​neste podcast de ONDA CIENCIA, titulado «PROFESIONALIZACIÓN DO DEPORTE, É COUSA DE HOMES?» abordamos con Marta Bobo, María José Mosquera González, Claudia López López e Andrea Seijo Ares, profesoras e investigadoras da Universidade da Coruña, a profesionalización do deporte en Galicia e afondamos nas experiencias e dificultades ás que se enfrontan as deportistas, especialmente dende unha perspectiva de xénero.

Os temas abordados no programa son:

  • profesionalización do deporte en Galicia e a situación das mulleres deportistas. 
  • masculinación do deporte profesional e as barreiras existentes para as deportistas profesionais. 
  • As potencialidades profesionais da fisioterapia deportiva e os teitos de cristal atopados neste ámbito profesional. 
  • A presencia das mulleres no eido da xestión deportiva e as oportunidades de especialización. 
  • papel dos medios de comunicación na transmisión de estereotipos no deporte.
  • A influencia das redes sociais para os/as deportistas. Luces e sobras da exposición nas redes. 

Non deixes de escoitalo NESTE LINK e tamén en YouTube.


Deja un comentario