Comparto un novo episodio de ONDA CIENCIA, o programa de divulgación científica da emisora ​​CUAC FM e da Universidade da Coruña que teño a honra de presentar.

Nel abordamos como desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Coñecemos cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén poñemos a ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde é preciso unha mellor regulación. 

Para iso contamos con catro expertos da Universidade da Coruña que proceden de diferentes disciplinas científicas, como a informática, o dereito ou as humanidades. Son os profesores da Universidade da Coruña: Verónica Bolón, profesora de informática, experta en machine-learning e a IA con aplicación a temas médicos e a problemáticas ambientais, Noelia Barreira, tamén profesora da FIC, experta en visión computacional e imaxe médica, Xulio Ferreiro, xuiz e profesor de dereito, investiga sobre o uso da intelixencia artificial no proceso xudicial, e Margarita Alonso, profesora de Filoloxía, experta en lexicografía e a lingüística computacional.  

ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico e podcast, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.

ESCOITA E DESCARGA TODOS OS PODCASTS NESTE LINK e tamén en YouTube.

    

Deja un comentario