Posts etiquetados ‘negacionismo’

Entrevista no programa Bos Días (TVG)

Entrevista no programa Bos Días (TVG). Minuto 36 a 48 do vídeo.  

Hai uns días, co gallo da celebración da COP25 en Madrid, o programa de información matinal da Televisión de Galicia “Bos días” entrevistoume nos seus estudos de A Coruña sobre o cambio climático e as estratexias de comunicación que tanto a ciencia como os medios de comunicación tradicionais veñen desenvolvendo.

Esta foi unha fantástica oportunidade para compartir parte do coñecemento científico que dende o Grupo de Investigación Persona-Ambiente temos en base aos estudos realizados tamén no contexto galego sobre percepción do risco ambiental e o papel dos medios de comunicación social.

Estes traballos atópanse dispoñible en diversas publicacións nas abordan influencia da información na percepción social do risco ambiental, os factores que inflúen na activación de movementos sociais ante os desastres ambientais, como a “Marea Blanca” do Prestige ou “Nunca Máis” , así como o rol dos xornalistas  ante a cobertura da catástrofe ambiental (ver publicacións).

A entrevista, realizada polo xornalista Francisco López Iglesias está publicada na web de TVG Á Carta do día 04/12/2019 no programa Bos Días, ás 09:45 h.

Se fas click neste enlace, poderás ver a entrevista entre os minutos 36′ a 48′ (duración total: 12′)

Se non podes acceder ao vídeo, a continuación transcribo o contido principal da entrevista, para a súa lectura:

(más…)