presentac_US

Este Venres 3 de xullo, ás 20:00 horas presentaremos no COAG (R/ Federico Tapia, 64. A Coruña) o libro “Urban Sustainability: Innovative Spaces, Vulnerabilities and Opportunities”. Dito manual, no que colaboramos profesores e investigadores da UDC e da asociación científica internacional IAPS.

No acto intervirán: Roberto Costas (Presidente da delegación do COAG na Coruña), Amparo Casares Gallego (Vicedecana da Escola Superior de Arquitectura da UDC)e Ricardo García Mira (Presidente do Instituto Xoán Vicente Viqueira)

“Urban Sustainability: Innovative Spaces, Vulnerabilities and Opportunities”, é unha compilación de traballos relacionados coa sustentabilidade dos espazos urbanos, dende a óptica do urbanismo, a arquitectura, a psicoloxía ou a participación social. O volume estrúturase en cinco bloques, que abordan (a) os retos do urbanismo sostible, (b) vulnerabilidades e oportunidades para a seguridade local, (c) aproximacións ao estudo do espazo (d) participación, apropiación e cohesión social, e (e) organización innovadora do espazo urbano.

Ademáis da miña contribución «Public Participation in Water Management. The Implementation of the Water Framework Directive in Galician river basins management plans«, son varios os amigos e compañeiros que son tamén co-autores/as, como:

  • Ricardo García Mira e Adina Dumitru: «Urban sustainability, Innovative spaces, vulnerabilities and opportunities».
  • Amelia Fraga Mosquera e Alberto Díaz: «Healthy workers and healthy workplaces: psychosocial evaluation in organizational environments»
    Cristina García Fontán: «Public facilities as elements of territorial cohesion. Case study University and Hospital networks in Galicia, Spain».
  • Myriam Goluboff e Amparo Casares: «Unexpected changes as a principal factor of urban disorganization».

Trátase dun traballo sen ánimo de lucro e con carácter educativo e divulgativo do coñecemento científico, polo que o libro está dispoñible de maneira gratuita no seguinte enlace: https://xoanvicenteviqueira.files.wordpress.com/2014/05/urbansus.pdf

Deja un comentario